BVG Atrás Índice de Páxinas |
¡Lenda de horrore! A mitra de ferro ardente |
||
Páxinas 43-57 |
m4galosalinaslendadehorrore003.html
[p. 43]
VII.
0 PAUTO MALDITO.
Ja da noitiña as doce badaladas
Soäran con fatideco cramor
En médeo aquelas fragas tan caladas.
Crepitante dos tronos o estridor,
A yalma dos que inquietos dormexaban
Traguia ben tresteza ou ja tremor.
Os ventos nos pinás asomellaban
Berros tremendos do infernal Satán
Tal era de foriöso o que bruaban.
0 pazo do bon Conde Don Bertrán
Por unha galeria longa, estreita,
Levaba do alquemista ô antro insán.
Por ela unha pantasma vai direita,
Paróuse e soilo un tombo forte dóu
Na porta do cubil, en bronces feita.
[p. 44]
0 tombo, aló no adrento resöou,
E unha voz ja cascada e delorida:
«¿Quén vai,..»chea de medo perguntóu.
«¡Abride...! o Abade son que vos convida
«Pra agiña unhos momentos parolar...»
«E a porta, son mais dir, lle foi abrida.
«¡E ben, Mon Benjamin!, o traballar
«Pra descobrir mais astros e mais ouro,
«Veño á propóros se ó poidés deixár.
«Se queredes diñeiro, un gran tesouro
«Eu poido ôs vosos pés, no istante pôr...»
«E ¿que debo faguer?»lle dixo o mouro.
«Eu sei que frabicás certo licor,
«Ou narcóteco, ou cousa de tal geito
«Que á quen ó toma o some n-un sopor.
«Pois ben, eu quero, pro no istante feito,
«Un brebaje que endurma e que non mate,
«¡Ouro na bolsa ou daga en voso peito!
«¡Selencio! e que ninguen non se procate
«Do pran que esqui antro os dous soilos facemos,
«¡Ehi o dineiro e o veneno date ..!»
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
[p. 45]
E aqueles dous do averno par de demos
Trocaron o diñeiro pol-a cencia,
E unha e outro por Deus en quen nos crêmos,
Matando nos espritos a concencia.
[p. 46]
VIII.
A CHEGADA.
Ja torna o Conde de Lemus,
con vitoria e con amor,
ô lar no que a sua filla
tan pura e triste deixóu.
Ja anoncian as trompas bélecas
a intrada do vincidor,
pra que as gentes do castelo
o reciban con funciós,
en troco da limpa groria
que ôs sarracenos ganóu.
¡Eh, homes, salide ô ponte!
¿non vés que chega o siñor?
¡Mulleres, tecei guirlandas
pra adornal-os seus pendós!
¡Nenos, cantádelle o Mayo
E brincádelle ô redor!
¡Neniñas, presentai froles
collidas ô pôrse o sol...!
[p. 47]
Pro ¿que é esto...? do seu pazo
soilo sal un sirvidor...
o paxe Mauro, choroso,
e sen mintida aflición...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
«¿Qué pasa nos meus domíneos?»
o de Lemus perguntóu.
«¡Señor, entrade na eirexa...!
«¡é que se anubróu o sol
«¡é que unha márter, no ceo
«ja mora ô cabo de Dios...!»
Apeóuse o de Monforte
e cando â eirexa chegou
víu no centro un catafalque
e os frades ô seu redor
sostiñan nas maus, acesos,
ús amarelos brandós;
o onviu estranas salmodias
uncidas pol-a oración,
e sintíu nas veas frio
e na cabeza calor...
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Se chega, e ô ver na caixa
envolto en pretos crespós
e cal estáuta marmórea
â filla do seu amor,
caiu no chan, e a armadura
con tal forza retumbóu
[p. 48]
que espanto levóu á todos
e congoxa ôs corazós.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
«¡Elvira... Elvira...! ¡Falaime,
«decídeme coma foi...
«¿non vedes que a sangue afoga
«vindo a desesperación...?»
«¡A ôs pouquiños cunsumíuse
dixolle o Abade treidor;
«e fai un mes, coma un ángel
«a yalma á Deus lle entregóu...!»
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
De novo o pai desfallece,
ô leito levado foi
nas mentres que en santa terra
Elviriña descansóu,
que si pro os maos hai inferno
ter que haber un ceo pra os bôs...
E o nobre, antre a vida e morte
loita e se afrige en delor.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Probe vello, coitadiño,
quedache no mundo sô,
e co a úneca compara
do loito no corazón
que ja mais non ha deixarte
hastra na tomba che pôr!
[p. 49]
¡Chora, chora, que o teu pranto
pregos son que aceuta Dios!
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
¡Bágoas que escaldando os ollos
traedes consolación
pois valeiradel-a yalma
da pena que torna mol....
bágoas, binditas sexades,
que cal Jordán benfeitor
lavades hastra o pecado
saneando o corazón...!
[p. 50]
IX.
o paxe Mauro.
Ja pasaron tres meses do tempo
Dês que o Conde da guerra volver
E eran mágoas do seu pensamento
As lembranzas da triste vellez.
Unhas veces toleando do genio
Co os cotenos firíase as siës,
E outras tantas, con mudo sosego,
Non quería nin ver á ninguén.
Os cabelos, denantes tan mestos,
Lle escomenzan á desparecer
E dobràndoso o corpo do vello
Non conserva a pirdida altivez.
[p. 51]
Soilo o paxe doncel no aposento
É quen entra sorriso e mais fiël,
E chorando, con filial afeuto,
Manseniño se gionlla á seus pés.
Era o mozo gentil, moi esperto,
E no pazo do nobre nascer,
E sigún iba o corpo crescendo
Asin mesmo crescía sua lei.
Non había pra él mais contento
Que o ser útle pra quen ó sostén,
E asina é que con moito respeto,
Medoñento falóulle esta vez.
«Meu Señor,dille ô Conde moi tremo
«Eu lle sofro, e non poide ser
«Que máis tempo lle cale un sacreto
«Que eu ó soupen por caso de fé.
«Ja que â morte no atope remedeo
«A vinganza lle cause pracer...
«¡Non é justo que pase morrendo
«Os aniños da sua vellez!»
[p. 52]
X.
A REVELACIÓN.
Quedóu o Conde sorpreso
e erguendo sua branca testa:
«¡Fala..!»lle ordenóu ô paxe
co unha vez, que cuase trema.
«Señor, a Condesa Elvira,
«máis que hirmá, que â cabeceira
«do leito da miña nai
«hastra o fin lle estivo atenta,
«non morréu de enfermidá
«que o bon Deus lle dar quixera
«que morréu... ¡envenenada...!»
«¿Qué dís..? ¡Por forza toleas..!»
«Benjamín Gurrías e o Abade
«de esta condal risidencia
«on os envenenadores..!»
«Probas... as probas me deas
«e a miña justa vinganza
«terribre será e horrenda....
[p. 53]
«pro se me mintires... ¡Mauro!
«Deus de tí lástema teña..!»
«Horas antes de abaixar
«a probe Elviriña â terra,
«aguníäba no leito
«e ô fin morreu Doña Berta.
«Chamóume pra vesitala
«e eu, que na vida estimeina,
«apersureime acodindo
«solíceto ô pé da doëña.
«¡Achega... Mauro!falóume
«que n-estas horas redeiras
«non poido co os meus remorzos
«que me afogan a concencia.
«¡0 Abade éche un miserabre,
«Gúrrias un roín, e eu a fera
«cómprece dos apititos
«da infernal concopiscencia,
«que a cobiza no meu peito
«alcontrar soupo a infruenza,
«e Judas femia, vendin
«a virtú de unha doncela..!
«Don Ramiro, o santo demo,
«na yalma tiña a fogueira
«dos istintos lujuriösos
«en contra da virge nena,
«que o Conde lle confiara
«ausentándose pra a guerra.
«Sopoñendo que os falagos
«enfunderïan sospeitas,
[p. 54]
«pro anseöso de conseguire
«domexar tanta belleza,
«asocióuse á Benjamín,
«somentóu diñeiro âs cheas,
«e un narcóteco mercóu
«por faguer durmir â nena...
«ouro dóume e eu ¡maldita!
«as condiciós aceuteinas.
«Durante enfenitas noites
«na yauga que bibia ela,
«certas pingas lle botaba
«de unha garrafa pequena...
«no momento endurmecía,
«e pol-a porta sacreta,
«o sacrílego se entraba
«no santoario da pureza.
«Asín pasabanse os dias,
«Elvira unha sombra era
«e o seu mal ninguén sabía "
«mais que os tres da vil consella.
«Un día me procatéi
«de que a coitada doncela
«drento do seu corpo tiña
«da roindade as consecuencias;
«declareino a Don Ramiro,
«pensóu, e na noite aquela,
«ante o tremor de que o Conde
«retornase presto â aldea,
«a dóses foi aumentada
«por últema vez e certa.
[p. 55]
«¡Horas despóis a meniña
«alcontróuse tan molesta
«que o leito non ó cambeóu
«mais que pol-a vida eterna..!
«¡E eu mesma pechéille os ollos..!
«¡Meu Deus, qué horrores me esperan..!»
«Cuase dando as boqueadas
«asina falóume a vella,
«Gúrrias, con certas manciñas
«de virtú que el coñecera,
«embalsamóu o corpiño
«da marterizada nena,
«que trinta dias estivo "
«sobre un túmbalo, na eirexa,
«coincidindo os funerás
«co a voso vïnda da guerra...»
«¡Qué horror..!berróu o de Lemus
«¿Pro é posibre que queipa
«tanta enfamia n-un soilo home..?
«¡Non...é mintira a vileza..!»
«Senor, no istante da morte
«juróu pol-a yalma, Berta!»
«¿Por qué calache ôs prencipios?»
«Se entón o Señor soupera
«a noticia, poida sere
«que ó doméase a demencia,
«e o crime quedara impune,
«e os malvados sin afrenta.»
«Pois eu pormeto, doncel,
«que será horribre, tremenda,
[p. 56]
«a vinganza que execute
«pra a espantosa dilincuencia...
«Selencio... desemulados...
«que nada, nada se seipa
«hastra que ó justo do ceo
«o castigo mande â terra."
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Dende que o nobre fidalgo
a enfame treición soupera
sua yalma lla invadira
unha tempestá desfeita,
pra conseguil-a vinganza
dina de aución tan rastreira,
desemulaba decote
con receio e con cautela.
Nunca máis jovial mostróuse
o seu caráute de fera,
e anque de noite, no leito,
mordendo as sáboas tolea,
de día sempre o sonriso
antre os beizos lle lateja.
asin que, todos supoñen
que suas penas esquencera,
e hastra os que de abondo tiñan
justificadas sospeitas,
ouserbandoó, afogaron
os guirtos da sua concencia.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
[p. 57]
Non de outro modo proceden
o trigue, o chacal, a hena,
cando repregan seu corpo
pra cair sobre da presa.
Non de outro geito se portan
os ladrós de honra e facendas
ô escollel-a sua vítema
que sorpresan endefensa.
Ni o demo, ô seu antro, as almas
mandará de outra maneira....
asina o Conde é cal...demo,
ladrón, trigue, chacal, hena.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |